CRUENTACIÓN CADAVÉRICA. Fontes.

O sangrado espontáneo do cadáver como proba xurídica e crenza popular galega

Sei de certo que nalgunhas aldeas de Galicia existía a crenza de que se o cadáver dunha persoa falecida en estranas circunstancias sangraba espontáneamente era debido a que o seu asasino ou causante indirecto do seu pasamento estaba presente.

Pero esta superstición non é froito das mentes creativas dos galegos, se non que ancora as súas raices nunha antiga e longa tradición que podemos rastrexar por toda Europa nos tratados sobre medicina, fenómenos anatómicos e cadavéricos e ata bruxería.

Malleus Maleficarum (1486).

Pregunta 2: Se concorda coa Fé católica a afirmación de que para producir algún efecto de máxia o demo ten que colaborar intimamente coa bruxa, ou se a unha sen o outro, ou á inversa, poden producir efecto algún. […] Na presenza dun asasino, o sangue flúe das feridas que o asasino causou. Polo tanto, sen poderes mentais, os corpos poden producir efectos marabillosos, de tal maneira que se un home pasa ó carón dun cadáver dun home asasinado, aínda que non o vexa, resulta a miudo presa do terror. [[…] con referencia ó segundo punto, o de que o sangue flue dun cadáver en presenza do seu asasino. Segundo o Speculum Naturae de Vicente de Bauvais (1190?-1296/97), capitulo XIII, a ferida, por así dicilo, resulta influída pola mente do asasino, e recibe certa atmósfera impregnada de violencia, e o odio deste, e cando este se acerca o sangue acumulase e brota abruptamente. [..] Hai quen di que iso é a voz do sangue que berra dende a terra contra o asasino e que iso é consecuencia da maldición pronunciada contra Caín. […]

Garmann (1640-1709), na súa obra Marabillas dos Mortos di:

«É unha vella costume xermánica a de convocar ós veciños cando se descubre un individuo asasinado. Se negan ter algunha responsabilidade no homicidio, conducenos perante o cadáver. Proponselles unha fórmula de xuramento e obriganos a tocar co dedo ou coa man as feridas e o embigo do defunto, repetindo tres veces: que Deus me dé un signo de que son inocente desta morte, mentras chaman ó defunto polo seu nome. É costume tamén gardar o polgar do asasinado ata que queda reducido ó oso, e poñer ós sospeitosos diante, se os restos sangan sometense ós sospeitosos a tortura».

Michaël Ranft, que segue en gran medida o tratado de Garmann, explica na súa obra De la mastication des morts dans leurs tombeaux (1725), concretamente na sexta parte titulada: «Diverses espèces de sympathies e d’antipathies«:

Dans la nature, il faut recenser de nombreaux phenomènes du même type qui, sans émaner le moins du monde de la vraie Magie Diabolique, revêtent pourtant une importance incontestable. A cette catégorie appartiennent le saignement ponctuel des corps des assassinés, la bagette divinatoire, le fascinations par illusion magique, le presentiment des bêtes, les incantations, les songes prophétiques, le tarentisme, l’influence des astres, l’odeur de sainteté, et cetera …

O que ven a significar que: Na natureza hai que mencionar numerosos fenómenos do mesmo tipo, que sen emanar do mundo da verdadeira maxia diabólica, revisten unha importancia incontestable. A esta categoria pertence o sangado puntual do corpo dos asasinados, as varas de radiestesia, as fascinacións por ilusión máxica, os augurios dos animais, os encantamentos, as verdades proféticas, o tarentismo, a influencia dos astros, o recendo de santidade, …

Deja un comentario