Eclecticismo e Art Decó na Capela da Terceira Orde de San Francisco de Ribadeo ( Parte 2: Art Decó)

Quen goste de pasear por las rúas ribadenses sabe que a porta lateral da Capela da Terceira Orde de San Francisco permanece moitas veces aberta, á espera de que os ollares de esguello dos caminantes se aleden co tímido refulxir das teselas douradas que engalanan o muro do evanxeo.

Ó entrar é difícil decatarse, pero pronto se fai inevitable reparar que entre a modestia do resto da contrucción destaca o marmorado muro do evanxeo, no que se abren dous mosaicos e que serve de marco escenográfico para escoltar un sarcófago no que en letras douradas se pode ler:

LA Exma /ra. Dña CORONA GONZALEZ

A LA MEMORIA DE SU ESPOSO

EL Exmo Sr. Dn RAMÓN GONZÁLEZ

FALLECIDO EL 15 DE DICIEMBRE DE 1925

ROGAR POR TODOS LOS QUE AQUÍ REPOSAN

R.I.P. AÑO 1931

49748511_530650447429218_1698553677444284416_n

Na parede atopamos unha especie de arcosolio, que non serve de envoltorio para o sartego, senón que serve de telón de fondo. O arco de medio punto, sostense sobreo duas curtas e robustas columnas con capitel androcefálico de rasgos angulares e linguaxe exiptializante. No tímpano do arco, un mosaico de dous anxos orantes e enfrontados aporta luz ó conxunto co emprego de teselas douradas quelle confiren tamén un punto de calidez ó conxuto, no que predominan as cores frías. Os anxos permanecen separados por unha cadea de formas romboidais que semellan ascender a unha pequena nube dourada e deirixir sutilmente a mirada do espectador cara o remate do monumento: unha especie de frontón recortado que acolle unha piedade. A escena de nai e fillo superponse a unha paisaxe que fai referencia a xerusalén terrea, e tamén por tanto, á promesa da Xerusalén Celeste.

O conxunto remátase con dous grandes candelabros de cinco brázos cada un, e que reproducen motivos xeométricos de aspecto arcaizante, e cruces gregas concéntricas.

Como reza a lenda do sartego, esta obra trátase dun encargo que  Corona Gonzalez realizou para recoller os restos mortais do seu esposo Ramón Gonzalez. Este era un afamado banqueiro e un filántropo que gostou de investir parte das súas ganancias na mellora das vilas de O Porriño ( de onde era fillo adoptivo) e de Ribadeo ( de onde era fillo natural). De feito, a el deben os ribadenses a construcción da plaza de abastos. Ramón Gonzalez faleceu o 15 de decembro de 1925, tras unha longa enfermidade. Os seus restos foron soterrados en Ribadeo, a espera de que se remataran as obras da capela da Terceira Orde, financiada, como non podía ser doutro xeito, pola propia Corona Gonzalez. Ela atoparia repouso xunto o seu marido en 1972 segundo se constata noutra placa diferente que aprece na tapa do sartego.

Deja un comentario