Eclecticismo e Art Decó na Capela da Terceira Orde de San Francisco de Ribadeo ( Parte 1: eclecticismo)

Mirando á praza de abastos de Ribadeo érguese a capela da Orde Terceira de San Francisco, un edificio ecléctico, erixido nos anos 20 do século pasado que alberga no seu interior unha interesante obra funeraria Arte Decó adicada a Corona González  e o seu marido, Ramón Gonzalez (promotor da construcción da plaza de abastos ribadense).

Pero antes de que o noso ollar se deteña nas calidades estéticas da capela, compre dicir que esta non foi a primeira sede da Orde Terceira, que fundada en agosto de 1675, ocupou unhos terreos cedidos pola Comunidade de San Francisco contiguos a Santa María do Campo, actual igrexa parroquial. Así o testemuña o seguinte plano topográfico do campo de rivadeo (como se denominaba ó espacio que hoxe en día se coñece como Parque de San Francisco).

Curiosamente, unha das cláusulas para a cesión era que non se permitira a inhumación de corpos, así fora de seglares ou de membros da orde, dentro deste espazo. Nembargantes, se reparamos no plano vense cruces dispostas nas inmediacións da igrexa parroquial, do que se deduce que puido ser este un espacio de inhumacións, que inda que non se atopa no temenos, si moi preto del.

A Orde Terceira permaneceu neste lugar ata 1926, momento no que se derrue a capela para ocupar a actual.

construcción orde terceiraTestemuña da construcción, atopase unha foto na bitacora «Ribadeo na Memoria».

Ó exterior, este espazo arquitectónico semella posuir unha planta de cruz latina, sendo a nave do transepto de igual anchura e altura que a principal, pero obviamente de menor lonxitude. Os vans de acceso son adintelados e quedan enmarcados por un motivo de corda, quen sabe se unha referencia ó cíngulo franciscano. Por certo, un similar acceso presenta a capela do cemeterio de A Devesa (concello de Ribadeo), feito nada casual que xa explicarei noutro post.

A fachada presenta volumetrias grosas, que recordan en certa medida ó barroco de placas galego, namentras a espadaña, dun so van, remata a fachada con certa nobreza neoclásica.

Ó interior, sen embargo, a cruz latina da pranta é case imperceptible gracias ó emprego de amplos arcos catenarios que se abren no transepto para da continuidade á nave principal. E cómpre subraiar a palabra catenario, pois en varias referencias bibliográficas, como na mesma web do concello aparecen definidos como arcos góticos apuntados. Non obstante, como se pode comprobar na foto posterior, estamos ante un arco máis próximo ós empregados durante o modernismo que no gótico.

Así poís, nin barroco, nin neoclásico, nin arcos góticos. O eclecticismo sobrio desta capela presentase elegante sobre o amplo abrazo dos arcos catenarios ( ou en parábola) tan propios da moda arquitectónica do momento en que se construíu e tan en consonancia coas decoracións Art Decó do Mausoleo de Ramón González e Corona Gonalez, do que se falará esta mesma fin de semana, no próximo post.

Non o perdades!

 

 

Deja un comentario