CEMITERIO CENTRAL DE BOGOTÁ – parte 2: Devocións populares e maxia

Tódolos luns o Cemiterio Central de Bogotá recibe maior número de visitas que o resto da semana xa que segundo unha devoción popular aceptada (ou tolerada) polo Vaticano, o inicio da semana esta adicado á devoción das Benditas Ánimas do Purgatorio, o que fai que unha boa parte do catolicismo considere que este é o día adecuado para ir a levar ofrendas ós seus seres queridos pero tamén para achegarse ás tumbas dalgunha personalidade con fama de milagreira ou filántropa a facer peticións.

—– A Piedade —–

Unha vez se atravesa a portada monumental presidida polo vello e malcarado Cronos, os visitantes son recibidos por unha escultura de bronce que representa unha Piedade, trátase da tumba do xove Xosé Ignacio Lago, afogado en Hamburgo. Esta escultura monumental é unha obra do escultor italiano Ermenegildo Luppi. Foi fabricada en Europa e trasladada a Bogotá, o que nos da unha pista do poder adquisitivo da familia Lago. Aquí comeza o percorrido de ofrendas, pregarias e peticións, a pesar de que o habitante desta sepultura non ten fama de milagreiro, a presencia impoñente da Virxe broncinea fai que se acumulen ofrendas florais, candeas e auga e que se graben cruces no mármore do basamento.

—– O filántropo Leo Kopp —-

A seguinte tumba máis visitada é a de Leo Siegfred Kopp, de orixe alemana, Kopp trasladouse a Colombia en 1886 onde montou unha empresa de importacións e exportacións, que lle permitiría máis tarde fundar a empresa cervexeira Bavaria.

O primeiro barrio de Bogotá que contou con auga corrente e luz foi o que Leo Kopp contruiu para os traballodores da súa fábrica. Parece que se ocupou tamén de contruír pozos nos barrios máis desfavorecidos e tiña fama de atender as peticións que lle facían e prestar axuda.

A súa fama como filántropo extendese tamén ó máis alá, pois a día de hoxe os veciños de Bogotá acoden á súa tumba para facerlle peticións explicitas murmurandoas á orella da estatua dourada, imitación do pensador de Rodin, que sinala a tumba.

Alguén, amablemente, gravou con punzón «leer Juan 15, 7 y exodo 20» (Juan: Se permanecedes en min, e as miñas palabras permanecen en vós, pedide o que sexa e darasevos. Exodo: Decálogo dos dez mandamentos.)

Actualmente a masión de Kopp é sede da Loxia Masónica de Colombia, e sobre 2016 fundouse unha loxia co seu nome. (super secreto todo)

—– Sepultura das irmás Bodmer —–

Elvira e Victoria Bodmer son dúas irmas que se levaban un ano, aínda que algúns as consideran xemelgas. Crese que morreron dun mal chamado sangue azul. Certo día unha muller que tiña un fillo enfermo do mesmo pregou diante da tumba destas irmas, e o fillo curouse. Dende entón acuden a elas nais e país preocupados pola saúde das súas crianzas e deixanlles flores e doces.

Outros din que morreron queimadas, nun accidente doméstico.

«Foron a delicia da casa» di o mausoleo.

—– Sepultura de Julio Garavito —–

Astrónomo, matemático e economista, Julio Garavito xace actualmente nunha tumba azul como o billete de 20.000 Pesos colombianos que levaba o seu rostro ( xa non está en circulación). A el acoden profesionais da rúa: ladróns e prostitutas; para pasar sobre a tumba estes escasos billetes. Ofrendanlle margaridas azuis e candeas azuis para pedirlle que os axude coas finanzas.

Un dos cráteres da lúa leva o seu nome.

Nos postos florais cercanos ó cemiterio pódese mercar unha estampa con unha oración a el.

Actualmente o billete de 20.000 pesos leva o retrato de Alfonso Antonio Lazaro López de Michelsen, e algúns preguntanse se o culto a Garavito continuará. Eu digo que non hai nada que temer, que aravito era economista e Michelsen non. Vos quen prefereriades como asesor financieiro?

Agora que xa vos presentei algúns dos mortos máis famosos e miragreiros do Cemiterio Central de Bogotá toca falar do culto ás ánimas anónimas e humildes e as prácticas rituais que poden verse tanto neste Campo Santo como noutros do país.

Entre os diferentes bloques de columbarios-osarios destaca un chamado O Caracol. A súa relevancia non ven determinada por interese artístico ou de persoeiros, se non por que, segundo ditos populares, é lugar do recinto onde máis aparicións se dan, e por isto mesmo moitas persoas acoden a este lugar a deixar ofrendas como flores e doces, agua e ron, candeas de sebo e candeas de cores vencelladas a rituais. Sobre as paredes de O Caracol (e noutros recunchosdo cemiterio) tamén se poden ver escritos de agradecemento e códigos numéricos como 777 e 111.

— Velas de Sebo —

As velas sebo, é dicir, de graxa animal, eran as máis utilizadas durante a antiguidade, pois a dispoñibilidade desta matería prima era máior que a da cera de abella. Co devagar dos anos e as melloras técnicas o sebo foi caendo en desuso pois produce moito fume e un recendo rancio e desagradable, sen embargo, en latinoamerica seguen sendo moi utilizadas no culto ás ánimas, pois sengundo a tradición a súa luz é a máis brillante e que mellor funciona para guiar ós espiritos no máis alá.

— Velas negras —

É habitual atopar restos de ceras de diferentes cores máis parece destacar a cor negra.

Este tipo de velas axudan a romper maldicións, bloqueos e malollares, o que concorda coa orientación doutro tipo de peticións e rituais que aparecen no camposanto, por exemplo o uso de códigos numéricos.

— Os códigos 777 e 111 —

Sobre lápidas, entre panteóns e en centos de recunchos aparecen grabadas as secuencias 777 e 111.

Aínda que non se dan explicacións explicitas sobre o significado dos mesmos, é de supoñer que se trata da «numeroloxia anxélica» de Doreen Virtue e outras interpretacións numéricas das correntes New Age.

Este tipo de práctica é, por tanto, a máis recente, pero a súa presencia falanos da renovación continua da maneira en que os vivos se achegan ás animas dos falecidos para facer peticións e conseguir a súa axuda e beneficio.

________________________________________

FONTES DE IMAXES E INFORMACIÓN:

– «Luns de ánimas»: https://archivobogota.secretariageneral.gov.co/…/lunes…

– Entrevista dentro do Cemiterio Central de Bogotá: https://www.youtube.com/watch?v=jR_gGDLpKT8…

– DIAZ CASTELLAR, Daniela: «Orixe e evolución á devoción dos santos populares no Cemiterio Central de Bogotá»: https://repository.javeriana.edu.co/handle/10554/15933

– Velas de sebo, unha tradición tabasqueña para guiar ás animas: https://www.youtube.com/watch?v=XaR7TFekRQw…

– «Los milagros de los muertos del Cementerio Central»

https://cerosetenta.uniandes.edu.co/los-milagrosos…/

– Percorrido nocturno polo Cemiterio Central:

https://www.eltiempo.com/…/cementerio-central-recorrido…

Deja un comentario