CEMITERIO CENTRAL DE BOGOTÁ – parte 1: cronoloxía e planta.

CRONOLOXÍA

O cemiterio Central de Bogotá é o campo santo máis antigo da cidade. A primeira proposta de construir un recito funerario exento formulouna Jose Manuel de Ezpeleta en 1791, por aquel entonces Virrei de Nova Granada (actuais Colombia, Ecuador, Panamá e Venezuela, partes de Brasil, de Guyana, de Perú, de Costa Rica e de Nicaragua).

A proposta non se materializou en planos ata 1804, da man do enxeñeiro español Domingo Esquiaqui. Non se optiveron terreos ata 1822. O proceso viuse acelerado a partir da firma de Simón Bolivar dun decreto que prohibía os enterramentos en templos en 1827.

A construcción rematouse en 1832, e inaugurouse oficialmente en 1836, ainda que xa se levaran acabo algúns enterramentos. As clases adiñeiradas da cidade eran reticentes a cambiar a costume de inhumación apud eclesiam, polo que, para dar exemplo Buena Ventura Ahumada Gutierrez, alcalde en segunda elección, mandou ser soterrado alí.

ANALISE DE PLANTA

                O cemiterio presenta unha planta oval inscrita nun trapecio, formas que corresponden a dúas fases constructivas diferentes. A planta orixinal corresponde só co ovalo central, máis pronto o espazo quedou pequeno e houbo que facer unha ampliación do recinto inscribindo o ovalo nun trapecio de galerias-columbario. Esta ampliación data de 1888, pero a guinda do remate construise en 1904, cando se encarga ó arquitecto Julian Lombana o deseño e elaboración dunha portada monumental, que hoxe en día aparece rematada por unha estatua de Cronos (con relexo de area e gadaña) do escultor Colombo Rameli.